Requerimentos de emenda para a realización de actividades culturais 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1276 lecturas
Publicación dos requerimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao amparo da resolución do 26 de agosto de 2009 da Secretaría Xeral de Emigración.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación dos requerimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da resolución do 26 de agosto de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases e se regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares nos que estean radicadas as entidades galegas no exterior.

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 26 de agosto de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen e se regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares nos que estean radicadas as entidades galegas no exterior (D.O.G. nº 171, do 01/09/2009), e de acordo co establecido no artigo 5º.2 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/1992.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 95 73 53 e 981 95 71 62.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com.

Descargar listado

Data de publicación: 
09.10.2009
Data fin de prazo: 
22.10.2009