Publicación dos requerimentos de emenda das solicitudes presentadas, polas entidades en ánimo de lucro, para os procesos de acollida da poboación inmigrante extracomunitaria do ano 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1423 lecturas
Examinadas as solicitudes requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos indicados a cada entidade como motivo da emenda.
Estado: 
Procedemento pechado

Advírtese que, segundo o artigo 71.1 da lei 30/1993, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Adminstracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de non emendar a falta ou achegar a documentación requerida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Para calquera información poderán dirixírse á Secretaría Xeral de Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 72 74 e 981 54 72 72.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarse simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com

Listado das entidades que deben enmendar a súa documentación

Se o desexa, pode ver publicación completa nun arquivo pdf mediante o seguinte enlace:

Resolución Completa

NOTA:Segundo o establecido no artigo 8.1 da Resolución do 27 de Maio de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sin ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009, a documentación que se presente coa solicitude deberá achegarse en orixinal ou copia compulsada, polo que a documentación requerida deberá ser presentada tamén en orixinal ou copia compulsada.

Data de publicación: 
17.07.2009