Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa "Aventúrate con Galicia" ano 2018

Listen to this page using ReadSpeaker
227 lecturas
Listado para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa de axudas para a participación no programa "Aventúrate con Galicia", (Resolución do 5 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 75, do 18 de abril). 

De acordo co disposto no artigo 8, apartado catro da convocatoria publícase a relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas. As solicitudes admitidas levan a mención “COMPLETA” na columna ESTADO DA SOLICITUDE, e as excluídas aparecen coa mención "EXCLUÍDA". Na columna ARTIGOS QUE INCUMPRE e MOTIVOS DE EXCLUSIÓN o artigo e os motivos de incumprimento, aos efectos de identificar as causas de exclusión. 

Listado definitivo picar aquí para descargar


As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as,  de acordo con disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
28.06.2018