Listas provisionais de admitidos e excluidos do programa de Campamentos e Campos de Traballo 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1633 lecturas
De acordo co disposto no artigo 7º.2 da resolución do 19 de decembro de 2008 (DOG Nº2 do 05-01-09) publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co disposto no artigo 7º.2 da resolución do 19 de decembro de 2008 (DOG Nº2 do 05-01-09) publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos para os países de: Brasil, Cuba, Uruguai, Venezuela, resto de América, Europa e España, entendendo como:

  • Solicitudes admitidas ao sorteo: as que levan a mención “COMPLETA” na columna “observacións”.
  • Solicitudes ás que se lles require documentación: deberán presentar a documentación que figura na columna “observacións”. Para unha maior comprensión do texto deberán consultar a nota aclaratoria sobre a documentación a presentar.
  • Solicitudes provisionalmente excluídas: aquelas outras que figuran como EXCLUÍDA na columna observacións, sinalando na columna CAUSAS_EXCLU e ART_EXC os motivos. Xúntase unha lista na que se explican os artigos (número e letra) que figuran na columna ART_EXC, aos efectos de identificar os motivos da súa exclusión.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 22 de abril inclusive) para formular as alegacións que consideren oportunas e para completar a solicitude. Transcorrido ese prazo sen que se complete a documentación considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo da súa solicitude nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentación:

Listas provisionais de admitidos e excluidos :

Países Campamentos Campos de traballo
Alemania Descargar  
Brasil Descargar Descargar
Cuba Descargar Descargar
Chile Descargar  
EEUU Descargar  
España   Descargar
México Descargar  
Perú Descargar Descargar
Suiza Descargar  
Uruguai Descargar Descargar
Venezuela Descargar Descargar

 Pode consultar as listas cos admitidos provisionais de Campamentos e Campos de traballo de Arxentina aquí.

De acordo co disposto no artigo 7º.2 da resolución do 19 de decembro de 2008 (DOG Nº2 do 05-01-09) publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos

Data de publicación: 
07.04.2009
Data fin de prazo: 
22.04.2009