Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Terra”. Ano 2018

Listen to this page using ReadSpeaker
370 lecturas
Listados provisionais e modelos para formular alegacións.
Estado: 
Procedemento aberto

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Terra" 2018 (Resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 57 do 21.03.2018).

De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse as listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Brasil, Cuba Uruguai e Venezuela.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.gal  (o prazo remata o 20/07/2018) para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición que se arquivará nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
 

País Listado Data publicación Data fin emenda
Arxentina Descargar 10 xullo 2018 24 xullo 2018
Brasil Descargar 6 xullo 2018 20 xullo 2018
Cuba Descargar 6 xullo 2018 20 xullo 2018
Uruguai Descargar 6 xullo 2018 20 xullo 2018
Venezuela Descargar 6 xullo 2018 20 xullo 2018

 

Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:

Notas:

  • Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das solicitudes admitidas e excluídas e logo os das persoas seleccionadas e as reservas.
Data de publicación: 
06.07.2018