Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Terra”. Ano 2016

Listen to this page using ReadSpeaker
Listados provisionais e modelos para formular alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Terra" 2016 (Resolución do 3 de maio de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 92, do 16 de maio).

De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse as listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai, México e Venezuela.

Os listados de Venezuela sairán nos vindeiros días á espera dun informe técnico solicitado pola comisión avaliadora.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.gal (o prazo remata o 04/08/2016) para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición que se arquivará nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

País Data de publicación Fin prazo emenda/alegacións Listado
Arxentina 22 xullo 2016 4 agosto 2016 Descargar
Brasil 22 xullo 2016 4 agosto 2016 Descargar
Cuba 22 xullo 2016 4 agosto 2016 Descargar
México 22 xullo 2016 4 agosto 2016 Descargar
Uruguai 22 xullo 2016 4 agosto 2016 Descargar
Venezuela 27 xullo 2016 8 agosto 2016 Descargar

Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria coa fin de emendar a solicitude:

Notas: Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das solicitudes admitidas e excluídas e logo os das persoas seleccionadas e as reservas.

Data de publicación: 
22.07.2016
Data fin de prazo: 
04.08.2016
1153 lecturas