Listado de admitidos e excluídos nos cursos de "Escolas Abertas 2009" que se celebrarán en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
1533 lecturas
Mediante Resolución da Secretaría Xeral de Emigración do 17 de marzo de 2009, publicada no DOG nº 68 do 9 de abril, convocouse o Programa de escolas abertas presenciais 2009 destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior.
Estado: 
Procedemento pechado

Tendo en conta a avaliación dos expedientes realizada pola Comisión Avaliadora segundo os criterios de valoración previstos na base cuarta dos Programa I e II da citada resolución e vista a proposta de resolución definitiva efectuada polo órgano instrutor, esta Secretaría Xeral, en base ao sometemento a un réxime de concorrencia competitiva das solicitudes tal como recolle a Lei de subvencións de Galicia,

RESOLVE

Estimar, segundo a proposta do órgano instrutor, as solicitudes e as persoas propostas polas entidades galegas relacionadas no Anexo I, para a realización dos cursos que en cada caso se sinalan, dentro do Programa Escolas Abertas 2009, que terá lugar dende o día 13 ao 22 de xullo en Santiago de Compostela.

Desestimar as solicitudes e as persoas propostas polas entidades galegas relacionadas no Anexo II polos motivos que se indican.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xulgado contencioso administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, segundo o previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante o Secretario Xeral de Emigración no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Descargar listado de admitidos

Descargar listado de no admitidos

Data de publicación: 
16.06.2009
Convocatoria asociada: