Liñas de axuda

Ex. 21.07.2017
Ex. 21.07.2017
  • 153 Cursos de lingua galega na túa cidade 2009
    Durante o ano 2008, a Secretaría Xeral de Emigración detectou un importante número de persoas interesadas no coñecemento e estudo da lingua galega non vinculados a centros galegos, polo que se considera que deben manterse os cursos que se veñen realizando nos centros, ao tempo que se debe ampliar a oferta a aquelas persoas interesadas no estudo da lingua galega non vinculadas a centros galegos.
    Nome do programa: Cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia. Destinatarios: Poderán solicitar a súa inscrición no programa os cidadáns e cidadás galegos residentes... Máis información
  • 153 Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2009
    O programa "Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior" para o ano 2009, ten como obxecto a concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
    Nome do programa: Axudas económicas individuais para galegos residentes no exterior para o exercicio 2009. Destinatarios: Os emigrantes de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes ata o 2º grado de consanguinidade, que posúan a condición de galego.  A forma de acreditar esta... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 Axudas a emigrantes retornados 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas extraordinarias a favor de emigrantes galegos retornados e os seus familiares para o exercicio 2009. A resolución ten por obxecto a protección de situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
    Nome do programa: Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2009. Destinatarios: Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen a Galicia sempre que, antes de emigrar, tivesen a súa última... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2009. O obxecto regular, para o ano 2009, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.
    Nome do programa: Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o exercicio 2009. Destinatarios: Asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia, inscritos como asociacións sen ánimo de lucro no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia e... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de viaxes para emigrantes "Volver á casa" 2009
    O programa "Volver á casa" está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
    Nome do programa: Programa de viaxes "Volver a Casa" 2009. Destinatarios: Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: Ser emigrante galego Ter a nacionalidade española Residir en América Ter cincuenta e cinco ou máis anos de idade... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de actividades de campamentos e campos de traballo 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración ten coma un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, o desenvolvemento de actividades culturais, de accións solidarias e tempo libre dirixidas á xuventude do exterior, así como o fomento da partiparticipación dos mozos e mozas descendentes de galegos nos programas e servizos a favor da xuventude.
    Nome do programa: Programa de actividades de Campamentos e Campos de Traballo 2009.  Destinatarios: Mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.  Características: Requisitos dos beneficiarios: Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Curso de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración convoca los cursos de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría para o ano 2009, que se celebrarán en Bos Aires e Montevideo.
    Nome do programa: Curso de Auxiliar de Enfermería de Xeriatría 2009. Destinatarios: Cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade residentes fóra de Galicia que cumpran os requisitos esixidos para cada unha das modalidades convocadas. Características: Módulos do... Máis información
  • 152 153 166 154 Programa de Formadores Colaboradores 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración convoca as listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, para emigrantes galegos e os seus descendentes nas especialidades de folclore tradicional galego e cociña tradicional galega.
    Nome do programa: Convocatoria de listas de formadores colaboradores  Destinatarios: Poderán solicitar a súa inscrición como formador as persoas que posúan unha titulación e/ou experiencia profesional, competencia pedagóxica na/s área/s formativa/s, e reúnan os seguintes requisitos: Para os... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Seminarios de baile, música e cociña tradicional galega 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración, co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas, convoca distintos programas formativos de baile, música e cociña tradicional galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
    Nome do programa: Seminarios de baile, música e cociña tradicional galega Destinatarios: Poderán solicitar estes seminarios as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as asociacións inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas ou... Máis información
    Procedemento pechado

Páxinas