Subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior para o ano 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
2846 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior e se procede a súa convocatoria para o ano 2014.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
18.02.2014
Estado: 
Procedemento pechado

Entidades beneficiarias:

  1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que, de acordo coa tipoloxía establecida no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas ou de centros colaboradores da galeguidade.
  2. Igualmente, e de conformidade co establecido nas disposicións transitorias terceira e cuarta da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, tamén poderán ser beneficiarias as comunidades galegas e os centros colaboradores recoñecidos pola normativa anterior á devandita lei.
  3. Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión mentres que o devandito proceso non estea rematado.

Data límite de presentación de solicitudes: ata o 31 de marzo de 2014 (inclusive)

Programas de Axudas e Subvencións:

  • Programa A. Axudas para a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural.
  • Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Solicitudes:

Na presente convocatoria as entidades tan só poderán presentar unha solicitude para un dos dous programas previstos nesta resolución:

  • Ou Programa A (Axudas para a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural)
  • Ou Programa B (Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable)

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Outra documentación para descargar:

Lugar de presentación das solicitudes:

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
  • Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Igualmente se poderán presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.
  • En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse á Secretaría Xeral da Emigración, sita na rúa Os Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
31.03.2014