Subvencións correspondentes aos programas de Apoio Infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012

Listen to this page using ReadSpeaker
3488 lecturas
Información dos distintos Programas de Axudas e formularios para as solicitudes de axuda.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data de publicación: 
16.01.2012
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de Axudas e Subvencións:

  • Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións.
  • Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.

Documentación Anexa para descargar:

Anexos Programa A: Anexo I, Anexo III, Anexo IV, Anexo V e Anexo VI: Formularios para cubrir on-line* (picar aquí para descargar).

Anexos Programa B: Anexo II, Anexo III, Anexo IV, Anexo V e Anexo VI: Formularios para cubrir on-line* (picar aquí para descargar)

*Nota: Os formularios on-line permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse tódolos cambios realizados.

Notas importantes sobre as subvencións (picar aquí para descargar)

Guía para a presentación das subvencións (picar aquí para descargar)

Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
17.02.2012