Subvencións correspondentes aos programas de actuación a prol das entidades galegas no exterior para o exercicio 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
2544 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación a prol das entidades galegas no exterior para o exercicio 2015.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
28.01.2015
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1. Axudas para de gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior
  • Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude
  • Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas

Entidades destinatarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as seguintes entidades:

  1. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
  2. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia recoñecidas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade
  3. Entidades resultantes de procesos de unión ou fusión xa rematados, que teñan solicitado o recoñecemento da súa galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
    Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta resolución as entidades galegas que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión en tanto o devandito proceso non estea rematado.

Entidades que especificamente poden solicitar cada programa:

  • Programa 1: Entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade
  • Programa 2: Calquera entidade galega recoñecida
  • Programa 3: Entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas así como as federacións e as asociacións de entidades galegas

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES*: picar aquí para acceder á Sede Electrónica
*Nota: Tan só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) para todos os programas.
Outra documentación para consultar:

Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes deberán presentarse por calquera dos seguintes procedementos:

a) En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou como anexo I das instrucións.
-Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
-No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
-Enderezo ao que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela.
-Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante
b) Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
- Para a presentación das solicitudes por este medio é necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

c) As solicitudes ou a documentación que se presente por  Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Comunidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160       Fax: 981 957 179
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.es

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
28.02.2015