Programa Formativo de Informática Básica da Fundación Galicia Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
951 lecturas
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Santiago de Compostela, un Programa Formativo de INFORMÁTICA BASICA, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, preferentemente con discapacidade. Aquí pode descargar o formulario de inscrición.
Data de publicación: 
06.09.2010
Estado: 
Procedemento pechado

Descrición: Programa Formativo que capacita no manexo das ferramentas básicas do ordenador e doutros programas de xestión.

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes. Terán preferencia para participar neste Programa, aquelas persoas inmigrantes ou emigrantes retornadas con discapacidade.

Duración: 80 horas lectivas, que se distribuirán en 48 horas de prácticas, 28 horas de coñecementos profesionais  e 4 horas de avaliación.

Contidos:

  • MÓDULO 1: Windows XP. (Duración 16 h.)
  • MÓDULO 2: Internet. (Duración 16 h.)
  • MÓDULO 3: Word 2007 (Duración 44h.)
  • MÓDULO 4: Técnicas de busca de emprego (Duración 4 h.)

Datas: Do 27 de setembro ao 26 de outubro.

Horario: De luns a venres, de 17:00 h. a 21:00 h.

Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña), na Rúa Modesto Brocos, nº 7 , 3º bloque (baixo).

Prazas: 15 alumnos

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Incentivos a asistencia:  Outorgaranse unha axuda de 6 € por cada día de asistencia ao curso, a tódolos asistentes

Finalización prazo de inscrición: 21 de setembro de 2.010

Información e inscricións:

Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12

Formulario inscrición: (DOC / PDF)

Enviar por