Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, actividades de Aire Libre e Campos de Traballo no ano 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
Información do programa “Conecta con Galicia”, actividades de aire libre e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Orde da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e convoca para o ano 2015 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
02.02.2015
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/as seus/súas familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos/as e con nacionalidade española. Os/as maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no Censo Electoral de Residentes Ausentes.

Número de prazas convocadas e características:

  1. Actividades de aire libre : Convócanse 174 prazas, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, no mes de xullo, co seguinte programa:
    a) “Cultura e camiño”, os/as participantes aloxaranse seis días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrerán a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.

    b) “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.

    Nestas prazas inclúense 10 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 8 para residentes no resto de Europa.
  2. Campos de Traballo: Convócanse 22  prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos. Realizarán actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
    Estas actividades desenvolveranse previsiblemente na segunda quincena do mes de agosto.
    Nestas 22 prazas, inclúense 2 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 2 para residentes no resto de Europa.

Financiamento:
Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido naresolución. Aquelas persoas participantes que opten pola financiación do 0% deberán aboar eles/as todo o custo dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia.

Prazas actividades ao aire libre 2015  (14-17 anos)
PAÍS Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 13 19 32 18 10 4 32
Brasil - 5 5 3 1 1 5
Cuba - - 0 - - - 0
Uruguai 23 - 23 14 6 3 23
Venezuela - 12 12 12 - - 12
Resto de América 2 2 4 2 1 1 4
Resto de España - - 0 - - - 0
Resto de Europa 2 2 4 - 2 2 4
TOTAIS 40 40 80 49 20 11 80


 

Prazas actividades ao aire libre 2015  (18-20 anos)
PAÍS Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 24 11 35 22 10 3 35
Brasil - 9 9 7 1 1 9
Cuba - 7 7 7 - - 7
Uruguai 13 6 19 15 3 1 19
Venezuela - 8 8 8 - - 8
Resto de América 1 1 2 1 1 - 2
Resto de España 5 5 10 - - 10 10
Resto de Europa 2 2 4 - 2 2 4
TOTAIS 45 49 94 60 17 17 94


 

Prazas Campos de traballo 2015
PAÍS 100% 50% 0% TOTAL
Arxentina 2 2 1 5
Brasil 1 1 1 3
Cuba 2 - - 2
Uruguai 1 2 1 4
Venezuela 2 - - 2
Resto de América 1 1 - 2
Resto de España - - 2 2
Resto de Europa - 1 1 2
TOTAIS 9 7 6 22

 

FORMULARIOS DE SOLICITUDE: Picar aquí para acceder á sede electrónica

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes (DOG Nº 41 de 2 de marzo de 2015) (picar aquí para descargar)

Lugar de presentación das solicitudes:

  1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo III desta resolución, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    As persoas interesadas que non posúan certificado así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a continuación, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:
    * En Brasil:
    - Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro
    - Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo
    - Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos
    * En Cuba:
    - Federación de Sociedades Galegas na  Habana.
    * En Venezuela:
    - Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
    A utilización desta vía requirirá unha autorización que o/a interesado/a lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica. Esa autorización farase constar no modelo de solicitude.
    As entidades galegas remitiranlle todas as solicitudes recibidas, xunto co resto da documentación, á Secretaría Xeral da Emigración nos catro días seguintes á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Este prazo só será ampliado logo de autorización da Secretaría Xeral da Emigración.
  2. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderanse presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do/a solicitante.
  3. Na súa solicitude, as persoas interesadas optarán unicamente por unha das modali­dades (actividades de aire libre ou campos de traballo), e farán constar a súa preferencia para o regreso en función da quincena en que vaian participar.
  4. O modelo normalizado de solicitude poderá obterse nas paxina web https://sede.xunta.es
  5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na trami­tación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
13.03.2015
3981 lecturas