Cursos de lingua galega na túa cidade 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1054 lecturas
Durante o ano 2008, a Secretaría Xeral de Emigración detectou un importante número de persoas interesadas no coñecemento e estudo da lingua galega non vinculados a centros galegos, polo que se considera que deben manterse os cursos que se veñen realizando nos centros, ao tempo que se debe ampliar a oferta a aquelas persoas interesadas no estudo da lingua galega non vinculadas a centros galegos.
Data de publicación: 
28.05.2009
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.

Destinatarios: Poderán solicitar a súa inscrición no programa os cidadáns e cidadás galegos residentes no exterior e os seus descendentes ou calquera outra persoa interesada no estudo e coñecemento da lingua galega. Os solicitantes poderán preinscribirse a través do formulario que figura na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com

Características:

Cursos convocados:

  • Cursos de lingua galega e de extensión cultural nos centros galegos e entidades sen ánimo de lucro, radicadas fóra de Galicia, interesadas no coñecemento da lingua e cultura galegas.
  • Galego na túa cidade. Cursos de lingua galega dirixidos a persoas residentes no exterior que estean interesadas no coñecemento da lingua galega.

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes estará aberto, para ambos os programas, desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no DOG ata o 30 de setembro de 2009. 

Matricula: Poderá matricularse cubrindo o formulario que aparece ao picar no enlace inferior. Unha vez cuberto cando se pulse o botón de "Imprimir", sacarase pola impresora unha copia do formulario da solicitude de matricula do curso. Para que a matricula sexa válida, deberase enviar está copia debidamente asinada á Secretaría Xeral de Emigración (Basquiños, nº 2, 15704 Santiago de Compostela-A Coruña), preferentemente mediante correo electrónico ao enderezo subdireccion.xeral.programas.sociais@xunta.es ou vía fax (00 34 981 54 72 95 ). Tamén poderán ser presentadas na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires ou mediante calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común entre os que se atopan as oficinas de Correos.

Prema aquí para realizar a túa solicitude de matricula (prazo pechado) 

Resolución: Resolución conxunta do 2 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral de Emigración e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia. 

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 28, 10 de febreiro de 2009. 

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración e Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Ano: 2009 

Documentación:

Data de publicación: 28 de Maio de 2009