Galicia Pórtico Universal en Hamburgo

Pestanas principais

Galicia Pórtico Universal en Hamburgo

Galicia Pórtico Universal en Hamburgo
1117 lecturas

Galicia Pórtico Universal en HamburgoComeza esta semana en Hamburgo “Galicia, Pórtico Universal”, un proxecto da Secretaría Xeral da Emigración co apoio da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Axencia Turismo de Galicia, Galicia Calidade, e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, para a promoción de produtos de orixe galega, así como Galicia en xeral como referente turístico e de investimento, contando coa inestimable colaboración dos centros galegos da diáspora, xa que as galegas e os galegos da diáspora actúan como embaixadores e embaixadoras da promoción da calidade de Galicia e os seus produtos.

Esta infraestrutura para a promoción exterior da nosa Comunidade Autónoma inclúe unha exposición de artesanía galega, mostras de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, demostracións en vivo de actividades artesás galegas, cadansúa área de información de Turgalicia e Xacobeo, unha aula profesional de cata, diversas expresións culturais adaptadas a cada cidade visitada, e tamén a venda de produtos de cadanseu consello regulador dos produtos agroalimentarios amparados por denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa.

Socios Colaboradores

Secretaría Xeral da Emigración Consellería do Medio Rural e do Mar Xacobeo Artesanía de Galicia Galicia
1117 lecturas