Bos Aires Celebra Galicia-Pórtico Universal 2015

Pestanas principais

Bos Aires Celebra Galicia-Pórtico Universal

Bos Aires Celebra Galicia-Pórtico Universal 2015
3223 lecturas

Bos Aires Celebra Galicia Pórtico Universal 2015Dentro do proxecto que leva a cabo o Goberno da Cidade de Bos Aires dende o ano 2009 co obxectivo de homenaxear a todas as colectividades emigrantes asentadas en Bos Aires, este ano Galicia volve participar destas celebracións, mostrando por segunda vez a súa cultura, costumes e identidade a partir deste evento que se deu en chamar "Bos Aires Celebra Galicia".

No marco de Galicia Pórtico Universal, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que está a achegar a nosa terra a diversas cidades de España e do mundo, a Xunta de Galicia e a Comunidade Galega na Arxentina súmanse a esta celebración: na segunda fin de semana de outubro as cidadás e os cidadáns de Bos Aires que se acheguen á Avenida de Mayo poderán coñecer máis sobre a nosa artesanía, gastronomía, oferta turística e cultura, co Entroido como protagonista especial desta celebración, e cos galegos e as galegas da nosa colectividade como embaixadores e embaixadoras da Calidade de Galicia.

Socios Colaboradores

Secretaría Xeral da Emigración Consellería do Medio Rural e do Mar Xacobeo Artesanía de Galicia Galicia
  Comunidad Galega en Argentina Buenos Aires Ciudad  
3223 lecturas