Servizo de Planificación e Xestión de Programas

Contacto
Begoña Solís Domínguez
Dirección: Mazarelos, 15 - C.P.: 15703 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 95 71 62

Funcións
Son funcións deste servizo:

a) Preparación e execución de convenios de colaboración e das axudas e subvencións que, en favor dos emigrantes retornados, estableza a secretaría xeral.

b) A elaboración de estudos, informes e propostas de actuación derivados da participación da Secretaría Xeral da Emigración nos órganos e foros relacionados co retorno.

c) Asistir á persoa titular da subdirección xeral na elaboración do Plan Galego do Retorno, na xestión e custodia do Rexistro de Comunidades Galegas asentadas fóra de Galicia e no asesoramento, apoio técnico e coordinación do Consello de Comunidades Galegas, da Comisión Delegada e doutros órganos de consulta e asesoramento das institucións da comunidade autónoma