Servizo de Apoio Técnico e Contratación

Contacto
Lucía Portela Silva
Dirección: Mazarelos, 15 - C.P.: 15703 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 54 72 81

Funcións
Son funcións deste servizo:

a) Asistir ás unidades da secretaría xeral na preparación de todo tipo de documentos administrativos e propostas normativas e formular os borradores e anteproxectos de iniciativas normativas que lle encomende o secretario xeral da Emigración en execución das súas atribucións.

b) As funcións inherentes á preparación, licitación, adxudicación dos expedientes de contratación competencia da secretaría xeral, así como as súas modificacións.

c) O asesoramento e a tramitación dos convenios, acordos e protocolos de colaboración que se subscriban con outras consellerías, entidades, centros galegos, persoas físicas e xurídicas, así como das convocatorias de axudas e subvencións nas materias competencia da secretaría xeral.