Subdirección Xeral de Xestión Económico - Administrativa e do Retorno

Contacto
D. José Carlos García Bouzas
Dirección: Mazarelos, 15 - C.P.: 15703 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 54 72 54/55

Funcións
Correspóndelle á Subdirección Xeral de Xestión Económico - Administrativa e do Retorno as seguintes funcións:

a) A suplencia da persoa titular da secretaría xeral nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade en todas as materias de tramitación administrativa e orzamentaria que sexan competencias desta.

b) A asistencia técnica e administrativa ao secretario xeral da Emigración en todos os asuntos que este lle encomende.

c) A elaboración, por requirimento do secretario xeral da Emigración, de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión dos diferentes procedementos administrativos, así como aqueles outros estudos e informes de carácter técnico nas materias competencia do departamento que lle sexan encomendados polo secretario xeral.

d) A coordinación de todas as unidades administrativas da secretaría xeral para efectos administrativos e orzamentarios.

e) A elaboración do anteproxecto de orzamento da secretaría xeral e a coordinación destes traballos entre os servizos existentes. O seguimento e control do orzamento e a avaliación dos distintos programas de gastos da secretaría xeral.

f) A organización do rexistro e a coordinación con outros rexistros, sen prexuízo das competencias da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Todos os aspectos relacionados co réxime interno e asuntos xerais da secretaría xeral, sen prexuízo das competencias doutros órganos, e a organización do seu arquivo.

g) A contratación administrativa, o seu seguimento e control. A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da secretaría xeral, sen prexuízo das competencias que poidan ter atribuídas outros órganos.

h) A tramitación das convocatorias de axudas e subvencións, así como dos convenios e protocolos de colaboración que se subscriban con outras consellerías, entidades, centros galegos, persoas físicas e xurídicas, e o control dos fondos transferidos.

i) O control de asistencia e puntualidade do persoal da Secretaría Xeral, así como a elaboración do cadro anual de vacacións e informe da concesión de permisos e licenzas do persoal, seguindo as indicacións da Secretaría Xeral da Presidencia nos termos previstos na normativa aplicable.

j) A remisión ao Diario Oficial de Galicia, e demais diarios ou boletíns oficiais, das disposicións ou actos da secretaría xeral.

k) A tramitación dos procedementos de reintegro por proposta das unidades que xestionan as subvencións e a instrución dos procedementos sancionadores.

l) A elaboración do Plan Galego do Retorno e das disposicións normativas e dos programas necesarios para a execución da política do retorno en Galicia.

m) A ordenación e planificación dos programas de atención ás persoas retornadas, propostas e execución de liñas de axudas, subvencións e convenios de colaboración relativos á política de retorno en Galicia.

n) Promover, participar e colaborar na xestión e coordinación dos programas destinados ás persoas emigrantes retornadas que se desenvolvan nos distintos ámbitos como o sanitario, o educativo, a vivenda, o laboral e calquera outro relativo á protección dos seus dereitos.

o) A xestión e custodia do Rexistro de Comunidades Galegas asentadas fóra de Galicia, tramitación de altas, baixas, modificacións e tramitación dos expedientes de recoñecemento e perda da galeguidade.

p) O asesoramento, apoio técnico e coordinación do Consello de Comunidades Galegas, da Comisión Delegada e doutros órganos de consulta e asesoramento das institucións da comunidade autónoma de acordo co previsto no capítulo II da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

q) A coordinación e dirección das xefaturas de servizo nas que se estrutura a subdirección xeral, no desenvolvemento das competencias específicas que teñan atribuídas, podendo encomendarlle por razón da súa competencia calquera outra función para a execución dos proxectos, obxectivos e actividades da subdirección.

r) En xeral, prestar asistencia e desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle encomende a persoa titular da secretaría xeral.

 

Organismos dependientes
Servizo de Xestión Orzamentaria
Servizo de Apoio Técnico e Contratación
Servizo de Planificación e Xestión de Programas