Servizo de Promoción das Comunidades Galegas

Contacto
José Iglesias de la Fuente
Dirección: Mazarelos, 15 - C.P.: 15703 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 54 58 33

Funcións
Son funcións deste servizo, sen prexuízo das competencias que neste ámbito poidan corresponder a outros departamentos da Xunta de Galicia:

a) A xestión administrativa das axudas e subvencións de programas destinados ás entidades galegas no exterior nas áreas asistenciais, formativas e culturais e a preparación de convenios con estas, así como de protocolos de colaboración con outros órganos da Administración.

b) A elaboración de programas orientados á conservación e enriquecemento dos fondos patrimoniais, documentais e artísticos e a realización das xestións necesarias para tales fins.

c) A elaboración dos estudos, informes e xestión de programas que lle sexan encomendados, así como a promoción da publicación de traballos e investigacións que sexan convenientes para un maior achegamento entre Galicia e as comunidades galegas no exterior e un mellor coñecemento.