Servizo de Programas Socio - Asistenciais

Contacto
José Antonio Casas Calviño
Dirección: Mazarelos, 15 - C.P.: 15703 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 54 58 82

Funcións
Son funcións deste servizo, sen prexuízo das competencias que neste ámbito poidan corresponder a outros departamentos da Xunta de Galicia:

a) A proposta, articulación e deseño das medidas de actuación e dos programas de axudas en materia de asistencia social tendentes á mellora da calidade de vida dos galegos e das galegas residentes fóra de Galicia.

b) A xestión dos programas de axudas de carácter socio-asistencial e para a promoción social, ocupacional e formación profesional e empresarial da cidadanía galega no exterior.

c) A promoción e desenvolvemento das actividades culturais, de acción solidaria e tempo libre dirixidas á mocidade das comunidades galegas no exterior, así como o fomento da participación desta nos programas e servizos que a seu favor organice a Xunta de Galicia.