Composición

Comisión Delegada

A Comisión Delegada funciona como órgano permanente do Consello de Comunidades Galegas e reúnese en sesión ordinaria unha vez ao ano.

Composición:

  • O/a presidente/a do Consello de Comunidades Galegas
  • O/a vicepresidente/a do Consello de Comunidades Galegas
  • Catro comunidades galegas en representación das asentadas nas comunidades autónomas de España
  • Catro comunidades galegas en representación das asentadas fóra de España en países de Europa, África e Asia
  • Catro comunidades galegas en representación das asentadas en países de América e Oceanía
  • Un/unha representante por cada comunidade galega inscrita no Rexistro da Galeguidade que teña máis de 20.000 socios/as galegos/as e que cumpra co sinalado para eles no artigo 8.2 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, para o seu recoñecemento

Entidades galegas do exterior que compoñen a Comisión Delegada do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas:

  • Unión de Asociacións Galegas de Catalunya (UAGALCAT) (pola área España)
  • Centro Gallego de Salamanca (pola área España)
  • Agrupación Hijos de Galicia de Sestao (pola área España)
  • Lar Gallego de Sevilla (pola área España)
  • Xuventude de Galiza, Centro Galego de Lisboa (pola área Europa)
  • Centro Cultural Galego de Cuxhaven e.V. (pola área Europa)
  • Centro Galego de Londres (pola área Europa)
  • Asociación Cultural ASC - "As-Xeitosiñas" Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zürich (pola área Europa)
  • Unidad Gallega de los Estados Unidos (Nova York) (pola área América)
  • Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo (pola área América)
  • Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas (Bos Aires) (pola área América)
  • Sociedad Cultural Rosalía de Castro (A Habana) (pola área América)
  • Casa de Galicia de Montevideo
  • Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas